O Prone Lugo F.S. prepara a súa visita ó Palma Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O Prone Lugo comeza a preparar este luns a súa visita ao Palma Futsal, este venres (21:00 horas – Pavillón de Son Moix), coa intención de romper a dinámica negativa de resultados, ante un rival que tras a súa vitoria na pasada xornada aumenta as súas posibilidades de participar na próxima edición da Copa de España.

O técnico lucense, Javier Albes, espera poder traballar toda a semana coa totalidade do equipo a excepción de Cospe, que continua sen recuperarse dos seus problemas musculares.

Así se desenvolverá o traballo semanal:

Luns 24:

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Martes 25:

10:30 horas: Sesión Física (Municipal)

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Mércores 26:

10:30 horas: Sesión Específico Porteiros (Municipal)

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Xoves 27:

10:30 horas: Saída cara Palma (Terra)

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Palma)

Venres 28:

21:00 horas: Palma Futsal – Prone Lugo F.S.

Sábado 29:

Descanso

Domingo 30:

Descanso

24 de novembro de 2014 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.