O Prone Lugo F.S. cae en Palma

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+
Partido do Prone Lugo F.S. en Palma

Partido do Prone Lugo F.S. en Palma

Chegaba o Prone a Palma de Mallorca despois dunha boa semana de traballo, a pesar de chegar á cita coas baixas de Cospe, Rubén Mouriz e José López. Os de Javier Albes viaxaban conscientes de que a pista non era a mellor para empezar a sumar, pero dadas as circunstancias os lucenses saben que necesitan puntuar sexa cal sexa a pista e o rival. Saíron ben a pista, aguantando as acometidas dos locais, ata que no minuto 9 Paradynski batía a Illi e lograba o primeiro para o seu equipo, tuviero n varias opcións a balón parado os de Javier Albes, pero unha boa xogada de ataque do Palma serviríalle para que Vadillo lograse o segundo gol do partido, o propio Vadillo sería o encargado de aumentar a renda para o seu equipo no minuto 17 deixando o marcador en 3-0 ao descanso do partido.

No inicio da segunda metade os locais achucharon a portería galega, pero os xogadores de Javier Albes trataron de cambiar o guión e gozaron de ocasións para lograr algún gol pero non foron capaces de finalizar as súas accións. No minuto 33 Sergio lograba o seu segundo gol e poñía o marcador en 4-0; nese momento Javier Albes colocaba a Alex Diz como porteiro xogador, pero a súa estratexia non producía o efecto desexado, e no minuto 35 Chicho roubaba un balón e dende lonxe a porta baleira lograba o quinto para o Palma Futsal que deixaba o partido sentenciado, tivo algunha ocasión máis o Prone pero non logro ver porta neste partido, os locais tamén gozaron dalgunha acción clara para aumentar a renda.

28 de novembro de 2014 | 23:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.