O programa Ociourense acadará en 2015 a súa quinta edición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O programa Ociourense, que organiza a Concellería de Saúde do Concello de Ourense en colaboración co Ministerio de Saúde, acadará no ano 2015 a súa quinta edición. Así o confirmou a Xunta de Goberno Local, que aprobou os 18.000 euros que aportará o Concello para a organización das actividades (30% do total), sumándose aos 42.000 euros que aporta o Ministerio de Sanidade (70% restante).

O programa ofrecerá pautas de ocio saudables que reforcen a protección dos rapaces fronte ao consumo de drogas, ofrecendo alternativas para o seu tempo de lecer. Dirixido a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos, segundo as cifras da Concellería de Saúde o público potencial para participar achégase aos 18.000 mozos e mozas en Ourense.

Os obxectivos xerais do programa son:

– Promocionar a saúde desde o ámbito municipal
– Prevenir situacións de risco para a saúde
– Instalar pautas de ocio que fomenten o desenvolvemento persoal e a creatividade
– Ofrecer espazos públicos e actividades para un ocio divertido, activo e positivo
– Xenerar unha rede de persoas capaces e próximas que realicen actividades saudables

Como obxectivos específicos, trátase, a nivel deportivo, de coñecer e experimentar actividades pouco comúns, buscando sensacións e aprendizaxes que nos leven a profundizar nas mesmas; no plano cultural, socializarse e confiar nos demáis con creación artística, plástica e imaxinativa; a nivel lúdico, participar en actividades colectivas buscando a interrelación entre iguais; e no aspecto formativo, aportar información clara e obxectiva sobre temáticas e situacións que poidan xerar conflictos e mellorar a información sobre os efectos das bebidas alcohólicas.

Actividades doutras edicións

Na última edición, do presente ano, o programa incluíu preto de vinte actividades, como buceo, escalada, sendeirismo nocturno, andainas ou xogos de rol. En 2015, Ociourense celebrarase previsiblemente entre febreiro e maio. 

30 de novembro de 2014 | 11:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.