O Programa Hefesto 2014 rematará coa celebración do Día internacional da discapacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellería de Benestar Social Municipal dirixida por Carme Fouces, a través da programación da Casazul, remata o vindeiro 3 de decembro, Día internacional da discapacidade a segunda edición do Programa Hefesto. Será a través dun festival a partir das 20.00 horas no Teatro Principal, no que participarán todas as asociacións vinculadas a este programa: Amizade, Down-Pontevedra Xuntos, Juan XXIII, Alba Amencer Aspace, Aspace-Galicia e a Asociación de persoas xordas de Pontevedra.

Este ano o Hefesto 2014 “colonizou” o eido do deporte en Pontevedra, colándose na Pontenoite 5+5, polo que a Concellaría de Benestar quere agradecer o seu apoio a Agustín Fernández, concelleiro de Deportes e Educación, e ao persoal técnico do IMD.

Tamén se levou a cabo a I Marcha sobre rodas organizada por Aspace- Galicia.

Con estas accións anteriores elaborouse un audiovisual, ao igual que no ano anterior, que se presentará no festival do Día internacional da discapacidade. O documental subirase a Youtube o luns 8 de decembro ás 9.00 horas da mañá xa que recompilará imaxes dos momentos máis importantes do Teatro Principal.

Hefesto 2014 caracterízase por dar voz ás persoas con discapacidade, aumentando a súa presenza na sociedade e isto será un dos aspectos máis importantes para seguir abundando no Hefesto 2015.

Este programa está apoiado polas entidades pontevedresas que traballan pola discapacidade: Amizade, Down-Pontevedra Xuntos, Juan XXIII, Alba Amencer Aspace, Aspace-Galicia e a Asociación de persoas xordas de Pontevedra.

26 de novembro de 2014 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.