publicidade hoxe

O programa Fío Aberto de Oleiros atenderá consultas veciñais efectuadas a través de Facebook

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O programa radiofónico Fío Aberto, un espazo no que todos os xoves o alcalde de Oleiros responde a consultas veciñais e analiza a actualidade, recibirá consultas a través do perfil persoal do alcalde na rede social Facebook. Deste modo, o clásico programa da radio municipal amplía o seu contacto coa cidadanía ao poñer en marcha unha nova canle de comunicación cidadá para participar neste espazo, ademais das tradicionais consultas telefónicas en directo e as preguntas recibidas no enderezo de correo electrónico da emisora, vías utilizadas ata o momento para intervir en Fío Aberto. As consultas efectuadas por Facebook durante a semana antes do xoves ás 13.00 horas contestaranse en exclusiva no programa que comeza ás 14.00 horas. Aquelas efectuadas con posterioridade comentaranse no programa da semana seguinte.

4 de novembro de 2014 | 20:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.