O programa de dinamización do emprego “Up + un paso máis” chega ao seu fin en Tomiño
O programa “UP+ Un paso máis”, posto en marcha no pasado mes de maio polo Concello de Tomiño coa finalidade de fomentar o autoemprego, chega ao seu fin.
O acto oficial de clausura terá lugar o vindeiro día mércores 19 de novembro ás 19.00 horas na Casa da Cultura de Tomiño.
O programa, concibido coma un proxecto de dinamización do emprego e de mellora das empresas locais, e dirixido a emprendedores/as, e a empresarios/as interesados en mellorar a competitividade dos seus negocios, creando unha rede de colaboración entre as empresas do municipio, rematou o pasado día 23 de outubro, con bos resultados, que se darán a coñecer no acto de clausura.











