O presidente da Deputación visita as novas instalacións da Asociación Sarela en Tras Paxonal

Percorrido polas instalacións
A primeira tenente de alcalde, Teresa Gutiérrez, visitou xunto co presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, o novo centro de Sarela, Asociación de Dano Cerebral de Compostela, situado no número 3 da rúa Pedro Cabezas González, en Tras Paxonal. O centro, que será inaugurado a finais deste ano 2014, foi construído nunha parcela cedida polo Concello de Santiago.











