O presidente da Deputación da Coruña visita a Real Academia Galega

Diego Calvo na visita á Real Academia Galega
O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitou esta mañá a sede da Real Academia Galega, onde coñeceu a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán e reuniuse con Xesús Alonso Montero. Ambos mandatarios falaron das actividades que realiza a Real Academia Galega, que conta cunha subvención anual de 30.000 euros por parte da Deputación.
Durante o percorrido polas instalacións, Xesús Alonso Montero e Diego Calvo estiveron acompañados tamén por Xosé Henrique Monteagudo Romero, secretario da Academia.











