publicidade hoxe

O POS 2015 mellorará o abastecemento de auga, a rede viaria e a iluminación pública en Oleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, anunciou esta mañá as obras que o Goberno local incluirá dentro do próximo Plan provincial de obras e servizos. Esta serie de traballos, que se levan a cabo desde o Concello de Oleiros coa colaboración da Deputación provincial, contarán cun investimento total de 435.593,38 euros. O rexedor sinalou que, a pesar de ser obras que non se verán, trátanse de melloras de gran importancia para a calidade de vida dos veciños e veciñas.

O POS inclúe a renovación da tubaxe de abastecemento de auga ao seu paso pola rúa do Traballo e a rúa da Paz. Este tramo é un punto clave no abastecemento de auga a miles de fogares do municipio. Esta obra contará cun investimento total de 120.821 euros. Ademais, renovarase tamén o tramo da rede noutro tramo de vital importancia, o que comprende as avenidas Francisca Herrera e Ramón Núñez Montero. A dita obra suporá un investimento de 144.854 euros.

O Goberno local incluirá tamén a pavimentación das rúas Thomas Price e Xan Vicente Viqueira, xunto á mellora da rede de pluviais na rúa Suárez Picallo. Este conxunto de accións contará cun total de 87.254 euros de investimento. Por último o rexedor sinalou que se destinarán 50.000 euros á mellora da iluminación na rúa Hábitat e das urbanizacións Agramar e Beiramar. Ademais instalaranse varios equipos de xestión telemática da iluminación en diversos puntos do municipio por valor de 31.000 euros.

18 de novembro de 2014 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.