O Porto de Vigo recibe a máis dun milleiro de persoas a bordo do buque Black Watch
O Porto de Vigo recibiu hoxe ao Black Watch, é escala na cidade, con máis de 1.000 persoas a bordo, entre pasaxeiros e tripulación.
O buque chegou á Estación Marítima ás 08.00 horas, procedente de Tilbury (Gran Bretaña). Durante a súa estancia na nosa cidade trouxo a bordo un total de 713 pasaxeiros (696 británicos) e 349 tripulantes. Está previsto que ás 17.00 horas, aproximadamente, abandone os peiraos olívicos para pór rumbo a Lisboa.
O Black Watch é un antigo buque da compañía Royal Viking Line e conta con 205 metros de eslora por 27 de manga. Aínda que a súa construción data de 1972, Fred Olsen adquiriuno en 1996 e, tras unha exhaustiva reforma, empezou a navegar coa bandeira de Bahamas, como parte dunha serie de tres buques xemelgos encargados pola Royal Viking Line, compañía nada para dedicarse unicamente ao mercado de cruceiros. A súa última remodelación data de 2005.
Fred Olsen é unha naviera cunha longa tradición mariñeira de case 150 anos. A súa longa experiencia reflíctese na combinación do clásico e o contemporáneo: dispón dos últimos avances na tecnoloxía da navegación e ofrece un agradable confort a bordo, servizo atento e amable, xunto cunha gran variedade de deportes e pasatempos.
No seu empeño por ofrecer un cruceiro singular a bordo dos seus barcos -Boudicca, Braemar, Balmoral e Black Watch- realiza itinerarios por augas de Islandia e Norte de Europa, surca o Mediterráneo e as Illas Británicas e Irlanda e navega por Canadá, Norteamérica e o Amazonas. Ofrecen ademais, cruceiros temáticos baseados no golf, a música, cultura, historia e arte, entre outros.











