publicidade hoxe

O pleno de Teo votará o POS 2015 cun forte investimento en materia de seguridade viaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

A corporación teense reúnese este xoves 27 de novembro para celebrar a sesión ordinaria do pleno deste mes. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

O principal tema da sesión será a proposta de obras a financiar dentro do POS 2015. Segundo explica Rafael Sisto, concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, “o programa de obras recolle de novo un forte investimento en materia de seguridade viaria xa que case a metade do orzamento total se adicará ao programa de sendas peonís”. O POS lévase a pleno “consensuado en xunta de portavoces con todos os grupos políticos como se vén facendo dende que gobernamos” explica Rafael Sisto.

O orzamento do POS entre o investimento da Deputación e o do Concello é de 444.423 euros e ademais das Sendas 2015 prevé o afirmado e acondicionamento da estrada de Cobas e a que vai de Rarís a Sestelo; o afirmado da rúa Ledín e o acoindicionamento da estrada a Mallos e Agromaior. Na proposta tamén se recolle o plan complementario para o 2015 cun orzamento de 106.680 euros para o aglomerado das estradas do Xirimbao e Loureiro.

O POS 2014 xa recollía un proxecto con Sendas, que se están executando neste momento. Así en lugares de especial sensibilidade como o entorno do IES, do CEIP da Igrexa Calo ou da unitaria de Recesende estase facendo unha franxa nunha das beiras da estrada que vai permitir o uso por parte dos peóns. A maiores enriba desa zona farase unha franxa con formigón, unha superficie lixeiramente elevada da estrada e cunha cor diferente que diferencie o espazo do tráfico rodado desta senda para as persoas. No proxecto Sendas 2015 prevese esta mesma actuación en lugares de Calo, Luou, Cacheiras ou Recesende

26 de novembro de 2014 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.