O plan de renovación integral de rúas ferrolás conta cun orzamento de 1,2 millóns de euros
A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, informou das actuacións que realizaron durante a última semana nos barrios de Caranza, Esteiro, A Graña, A Magdalena, Ensanche A, Ultramar, Canido, San Xurxo, Santa Mariña, Doniños e a zona de San Felipe dentro do programa de renovación integral de viarios e rúas, posto en marcha polo Goberno Municipal de Ferrol. Este plan de mellora da cidade conta cun orzamento de 1,2 millóns de euros e permitirá dotar dun novo pavimento e sinalización máis dunha trintena de rúas do municipio.
En concreto, as cuadrillas de operarios de Tragsa, a empresa encargada da execución deste programa, realizaron o recrecemento das tapas de fundición en Mendizabal e Antelo, o saneamento da zona da zanxa finalizada na rúa Sánchez Calviño, e a reparación de beirarrúas en Pontevedra e Cuntis, no barrio do Ensanche A. Así mesmo, durante a última semana os operarios tamén acometeron tarefas de fresado e aglomerado do firme nas rúas Armada Española, Casal dos Ovos, Muíño do Vento, Igrexa e o tramo xunto ao parque infantil en A Graña. Ademais da instalación de sinalización vertical nas zonas de San Xurxo, Mandiá, Doniños e San Felipe.
No que atinxe á previsión de traballo da empresa Tragsa para a xornada de hoxe, se contempla continuar cos traballos de aglomerado de firme en Casal dos Ovos e a reparación de beirarrúas nas rúas Souto e Cuntis. Tamén se ten previsto a continuidade das tarefas de recrecemento das tapas de Muíño do Vento e Manuel Belando, así como a colocación de sinalización vertical en San Xurxo e Santa Icía. E para mañá martes se prevé continuar co recrecemento de tapas e a reposición de sinalización. Esta programación pode sufrir variacións en función das condicións meteorolóxicas e de operatividade.











