O persoal do Santiago Futsal recuperouse no Spa A Quinta da Auga

O Santiago Futsal na Quinta da Auga
O persoal do Santiago Futsal asistiu esta mañá ao Spa A Quinta da Auga, no que puido gozar dunha sesión relaxante.
Tras uns días de duro rendemento, cun total de cinco partidos xogados en 15 días, os xogadores puideron recuperarse do desgaste físico na sesión de Spa que A Quinta da Auga ofrece aos seus usuarios.











