O pavillón de San Valentín será sede do II Torneo de Balonmán Veterán “Concello de Fene”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFene
A-
A+

O pavillón municipal de San Valentín convertiráse este sábado en escenario do II Torneo de Balonmán Veterán “Concello de Fene”, organizado pola ADC Balonmán Feneume en colaboración co Concello. Participarán no campionato o Associaçao Masters Andebol do Porto, o Deusto Bizirik (que xogará en combinación co Feneume), o Veteranos Balonmano León, o Veteranos La Salle de Valladolid e o equipo local, o ADC Balonmán Feneume.

Trala recepción aos participantes, que chegarán ao municipio entre esta tarde e a mañá do sábado, nesta última xornada celebraráse un xantar de confraternidade no restaurante Mundial. A continuación, dende as 16 ás 21 horas sucederanse os partidos no pavillón de San Valentín (cunha duración de 30 minutos cada un). A xornada concluirá cunha cea, novamente no restaurante Mundial, onde se procederá á entrega de trofeos.

Segundo informan dende a organización, o orzamento deste II Torneo de Balonmán Veterán “Concello de Fene” ascende a 800 euros, que foron recadados, na súa maioría, grazas á colaboración dos locais da zona.

7 de novembro de 2014 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.