O Partido Popular de Ourense propón expulsar o exxerente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O PP de Ourense proporá ao Comité de Dereitos e Garantías do PPdeG a expulsión do partido de Emilio Pascual Vázquez, o exxerente que revelou ante a instrutora da ‘Operación Pokémon’, Pilar de Lara, a existencia de supostas operacións de financiamento ilícito na formación provincial e afirmou que “o”sabía todo o mundo”, incluído o actual presidente do PP ourensano, Manuel Baltar.

Esta foi unha das decisións do comité executivo provincial da formación, reunido a última hora deste luns e adoptada por unanimidade. Igual de “unánime e contundente” foi este órgano ao acordar facultar a Manuel Baltar para “o exercicio das accións xudiciais que correspondan”, civís e penais, en defensa dos intereses do PP de Ourense.

24 de novembro de 2014 | 20:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.