publicidade hoxe

O Outono Cultural trae a obra teatral “As do Peixe” ata Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioTomiño
A-
A+

A Casa da Cultura de Tomiño acolle dentro do Outono Cultural 2014, a obra teatral “As do Peixe”, escrita por Cándido Pazó e dirixida por Cristina Domínguez. A función será este domingo, 23 de novembro, ás 20 horas, na Casa da Cultura. As entradas, a 3 euros, poden adquirirse dende unha hora antes en taquilla.

As actrices Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Susana Dans e Rocío González, ofrecen unha visión particular sobre o mundo das mulleres que traballan en conserveiras, un dos principais motores da modernización de Galicia.

Abreu o ciclo, o pasado día 5 de outubro, a obra “Sede de mal”, un espectáculo dos actores Luis Iglesia e Xabier Deive. Seguíronlle ao longo do mes de outubro e novembro “Decameron, historias para tempos ruíns”, “Misión Sapiens”, da Compañía Malasombra Produccións, e Mofa e Befa, con “Cociña económica”. Pechará o ciclo o domingo 30 de novembro Fulano, Mengano e Citano coa súa proposta “Viva a crise”.

21 de novembro de 2014 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.