O orzamento de 2015 ascende ata os 148,4 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Despois de dous anos consecutivos de caída as contas públicas aprobaranse cun lixeiro crecemento, froito da posibilidade que ofrece o Ministerio de devolver en 120 meses os excedentes dos anticipos recibidos do Estado no período 2008-2009.

Gasto corrente e servizos:

Sitúase en 31,6 millóns de euros, un 8,2% máis ca en 2014, froito da posta en marcha do Servizo provincial de recollida de lixo, que vai supor un investimento de 4,8 millóns de euros.

Transferencias correntes:

Ascenden a 25,1 millóns de euros, 4,7 millóns máis ca en 2014, o que representa un incremento do 23,1%. (Neste capítulo inclúense os plans de Práctica Laboral)

Investimentos:

– Os investimentos reais sitúanse en 27,1 millóns de euros, que, sumados ás transferencias de capital (destinadas a investimentos) ascenden a 34,1 millóns de euros.

– Os investimentos reais redúcense nun 20,6%, mentres que as transferencias de capital aumentan nun 45,4%

– No orzamento recóllese un convenio de 3 millóns de euros para o estadio de Balaídos en Vigo.

Plans de emprego:

– Destínanse 7 millóns de euros a plans de emprego.

– 1,9 millóns irán destinados a prorrogar durante 6 meses as bolsas concedidas a 500 titulados universitarios e de FP para prácticas en empresas, que estarán traballando ata mediados de 2015.

– 2 millóns son para un novo Plan de práctica laboral en concellos para 200 mozos, cunha bolsa dun ano.

– 3 millóns son para contratar 759 desempregados sen prestacións para manter bens e servizos municipais.

Débeda:

– En 2015 amortizaranse 14 millóns de euros, rebaixando a un 28,1% a porcentaxe da débeda sobre os ingresos correntes. A débeda quedará en 40,9 millóns.

– En 2015, por quinto ano consecutivo, non se acudirá a ningunha operación nova de endebedamento.

18 de novembro de 2014 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.