O Oceana realiza unha escala imprevista no porto de Vigo con preto de 3.000 persoas a bordo

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

Preto de 3.000 persoas chegan hoxe sábado ao Porto de Vigo a bordo do Oceana, nunha escala non prevista de acordo coas previsións que manexa a institución olívica.

Procedente de Tenerife, o Oceana chegou ao Peirao de Transatlánticos ás 06.00 horas e está previsto que sobre as 15.00 horas poña rumbo a Southampton (Gran Bretaña).

Durante a súa estancia na nosa cidade trae a bordo un total de 1.986 pasaxeiros, dos que 19.56 son de nacionalidade británica, ademais de 886 tripulantes.

Con 77.499 toneladas de rexistro bruto, unha eslora de 261 metros e oito de calado, o Oceana é propiedade da naviera P&O Cruises. A bordo deste buque, o pasaxeiro atopará zonas variadas con bares de todas as temáticas e cun sabor moi británico.

Destaca o elegante e acristalado hall principal en forma circular que se eleva ao longo de 8 cubertas e con dous ascensores panorámicos, ademais dunha gran sala para conferencias, capaz de acomodar ata 300 persoas, a gran colección de obras artísticas, a libraría, con centenares de libros e canles musicais con DVD’s, a zona das piscinas, moi amplas e con excelentes vistas ao mar e o casino “Montecarlo Club”, moi grande e con moitísimas máquinas para o xogo e a distracción. Para os máis pequenos, o Oceana conta con distintos programas ideados para eles, como é o caso do “Treasure Chest”, “The Hideout” e “The Buzz Zone”.

Tras a cea, o pasaxeiro pode gozar do humor inglés ou dun musical ao estilo Broadway no elegante teatro “The Footlights Theatre” ou no coqueto salón-cabaret “Starlights”, con vistas ao exterior. Nesta e outras salas, a compañía organiza clases de baile e danza para “singles”, parellas e grupos.

Existen lugares para a diversión e o entretemento pero tamén para o relax. O Spa de a bordo reúne todo o necesario para unha estancia relaxante. A zona termal, tamén inclúe un completo ximnasio con vistas ao exterior desde proa. E para os amantes da gastronomía internacional, existen varias opcións, como os dous restaurantes principais, “Adriatic” e “Ligurian”. Para os que desexan comer e/ou cear máis informalmente o Oceana pon á súa disposición o buffet “The Plaza”, o grill “Horizon” e varias cafetarías.

Os buques da P&O Cruises destacan especialmente polo seu ambiente británico. Practicamente o 100% dos pasaxeiros que navegan con esta compañía son ingleses, escoceces, irlandeses… Trátase de barcos para un público de clase media inglesa que ofrecen unha ampla gama de cruceiros polo Norte de Europa, Mediterráneo (desde Gran Bretaña), Caribe e as súas clásicas voltas ao mundo.

29 de novembro de 2014 | 11:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.