O Ministerio de Fomento responde á Comisión de Seguimento da Autovía A76
En relación coa carta enviada o pasado día 7 de novembro ao Secretario de Estado de InfraestructurasD. Julio Gómez-Pomar solicitando unha entrevista coa Comisión de Seguimento da Autovía A76, o Ministerio de Fomento comunicou que nos próximos días o Gabinete do Secretario Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Don Manuel Niño, concertará a reunión interesada.
Os membros da Comisión de Seguimento queren expresar publicamente a súa satisfacción pola rápida resposta, e a súa confianza na vontade do Ministerio de cumprir os prazos comprometidos paralicitar, no ano 2014, a execución da redacción dos proxectos dos tramos Villamartín da Abadía-Requejo e A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras











