O Mercado da Quintana abre o prazo de inscrición para participar exhibindo ou vendendo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Concello de Santiago de Compostela e a Axencia Galega de Turismo organizan a 1ª edición do Mercado da Quintana, no que poderán participar, exhibindo e vendendo os seus produtos, pezas e coleccións de decoración e produtos de Nadal, artesáns, produtores, comerciantes e restauradores. Participar no Mercado da Quintana será de balde para expositores e visitantes, aínda que os comerciantes, artesáns, produtores e restauradores que queiran exhibir e vender as súas pezas e produtos deberán preinscribirse con antelación para solicitar a súa participación. Para a súa convocatoria establécense cinco bloques de cinco xornadas para os que os potenciais expositores poderán presentar a súa candidatura desglosando os produtos, pezas e coleccións que pretenden achegar ao mercado.

Como tipoloxías preferentes ou prioritarias destácanse os produtos, pezas e coleccións de decoración de Nadal, repostaría e doces de Nadal, froitos secos e escarchados, obxectos de menaxe para as festas e outros produtos desta época como esencias, incensos e produtos de aromaterapia, xabóns, instrumentos musicais, xoguetes de elaboración artesanal, caixas de música, licores, viños, escumosos, cotillóns, etc.

O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o venres 14 de novembro ata o vindeiro luns 24 de novembro, e os artesáns, produtores, comerciantes e restauradores que desexen participar poderán cubrir e enviar o formulario online de preinscrición que atoparán nesta web.

Os potenciais expositores poderán solicitar toda a información que precisen para valorar a súa participación no evento no correo comercio@santiagodecompostela.org ou nos teléfonos 649 610 692/ 606 955 797.

14 de novembro de 2014 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.