publicidade hoxe

O libro “Remontar o libro” de Helena Villar preséntase na biblioteca de Santa Cruz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

A biblioteca municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz acolle o próximo 24 de novembro ás 18:30 horas a presentación da colección de poemas Remontar o río, da escritora Helena Villar Janeiro. Trátase dunha edición moi especial posto que conta coas ilustracións de Luz Darriba. Unha fermosa obra que describe unha viaxe da autora ao longo do Danubio. Segundo sinala a propia escritora, os primeiros apuntes xorden a bordo dun barco que transitaba entre Budapest a Linz. Nos poemas veranse reflectidos elementos da paisaxe evocada: os soutos, os prados, a chuvia, a area das ribeiras.

20 de novembro de 2014 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.