O IES Rosalía de Castro inaugura unha mostra arredor do Premio de Ensaio Bento Spinoza

Valentín García na inauguración da mostra
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, Valentín García, participou esta mañá no IES compostelán Rosalía de Castro no acto de apertura da mostra arredor do Premio de Ensaio Bento Spinoza, que convoca este instituto. García Gómez estivo acompañado polo director do centro, Ubaldo Rueda.A exposición repasa a traxectoria do galardón literario que creou o Rosalía no ano 2008 para poñer en valor a figura de Spinoza. O xurado de cada edición intégrano dez alumnos e alumnas de cinco institutos galegos, dous deles do centro promotor e os oito restantes doutros catro pertencentes a cada unha das catro provincias galegas seleccionados mediante un sorteo. A dotación do premio é de 3000 euros. Ao longo das catro edicións do galardón, resultaron premiados Daniel Pennac, Jean Didier Vicent, Peter Sloterdijk e este ano José Ovejero.











