O humor e a música chegan aos centros socioculturais con Yessica Val e La Guagua

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A vindeira semana, os centros socioculturais do Ensanche e de Vite, acollerán dúas actividades incluídas no dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña en colaboración co Departamento de Centros Socioculturais de Santiago de Compostela. O mércores 3 de decembro, as ás 20:00 horas, o Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche ten programado un monólogo da artista Yessica Val, invidente dende os 23 anos, que nos fará reflexionar sobre as incongruencias da sociedade en clave de humor e dende o punto de vista dunha persoa cega. A entrada ao espectáculo, dirixido a un público adulto, é libre ata completar a capacidade do salón de actos.

Ao día seguinte, xoves 4 de decembro, ás 19:00 horas, o CSC de Vite acollerá un espectáculo musical participativo para todos os públicos, Canta e baila, a cargo do grupo La Guagua, con bailes, xogos, probas e moita diversión. A entrada require a retirada previa de invitacións, xa dispoñibles na conserxería do propio centro sociocultural.

24 de novembro de 2014 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.