O Hospital Clínico de Santiago acollerá unha campaña de doazón de sangue

Europa Press

O Hospital Clínico de Santiago acollerá este mércores, día 19, e este xoves unha campaña de doazón de sangue promovido polo Centro de Transfusión de Galicia (CTG) co obxectivo de fomentar “este xesto solidario” entre os profesionais do organismo.

A campaña enmárcase, segundo explica o CTG, dentro do programa de colaboración que desenvolve o CTG en empresas e institucións públicas galegas para fomentar a creación dunha cultura solidaria a favor da doazón de sangue na sociedade galega en xeral e, especialmente, conseguir a participación dos profesionais do ámbito sanitario.

Unha unidade móbil do CTG desprazarase nas dúas xornadas atq a entrada do pavillón docente e aterá a todos os doantes entre as 9,30 e as 14,30 horas este mércores e o xoves entre as 15,30 e as 21,00 horas.

Este centro hospitalario xa acollera a visita das unidades móbiles do CTG atq en once ocasións, rexistrando un total de 445 doazóns de sangue, das cales o 15 por cento (66 achegas), correspondían a persoa que efectuaban unha doazón por primeira vez.

BALANCE 2013

En 2013, rexistráronse en Galicia 114.126 doazóns de sangue, das que, aproximadamente o oito por cento correspóndense con achegas recollidas en campañas realizadas en empresas e organismos públicos.

O Centro de Transfusión de Galicia resaltou o seu recoñecemento á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago pola súa “inestimable colaboración” no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue “e polo seu compromiso con este xesto solidario, fundamental para o desenvolvemento da rutina asistencial dos centros sanitarios”.

17 de novembro de 2014 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.