O grupo Valverde Teatro de Cedeira representa “Sinapismos” no Centro Cívico de Caranza
A programación de novembro do ciclo de teatro afeccionado “Domingos a Escena”, da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, continúa este domingo día 23 coa actuación do grupo Valverde Teatro, DE Cedeira. A obra “Sinapismos” dará comezo ás 19:00 horas no Centro Cívico de Caranza e será gratuíta.
A sinopse da obra di así: A palabra sinapismo pertence a un pasado non moi afastado e xa en desuso. A xente daba este nome a algo que resultaba molesto e engorroso, debido a que un sinapismo era unha especie de cataplasma que se aplicaba nunha parte do corpo que estivera dolorida. No presente atopamos con moitas situacións e persoas ás que poderíamos dar este nome. O grupo de teatro Valverde pon en curso esta curiosa palabra para definir as súas tres comedias curtas que presenta.











