O grupo socialista denuncia un vertedoiro incontrolado no límite das parroquias de Ordes e Parada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+
Vertedoiro incontrolado

Vertedoiro incontrolado

O PSOE de Ordes ven de presentar un escrito no Concello de Ordes para denunciar a aparición dun vertedoiro incontrolado de lixo na contorna da fonte de O Sangriño, no límite das parroquias de Parada e de Ordes. Un vertedoiro que contén, sobre todo, gran cantidade de restos de electrodomésticos e de residuos voluminosos.

A Agrupación Socialista de Ordes xa puxo en coñecemento do Concello de Ordes a localización exacta deste vertedoiro para que proceda á súa inmediata eliminación e volve esixir a toma de medidas preventivas para tratar de que non se volvan reproducir sucesos semellantes. Compre lembrar que esta situación non é nova na parroquia de Parada, onde os socialistas de Ordes xa levan denunciado varios casos semellantes nos dous últimos anos facéndose eco das queixas dos veciños e veciñas da zona.

 

21 de novembro de 2014 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.