publicidade hoxe

O gordo e o calvo van ao médico en Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A Casa da Cultura acollerá mañá venres a representación teatral “O gordo e o calvo van ao médico”, a cargo da compañía “Os 7 magníficos+1”. A función dará comezo ás 20,30 horas con entradas a dous euros. Trátase dun espectáculo clown de creación propia dirixido por Iván Prado e protagonizado por Pedro Brandariz e Fran Rei. É a séptima producción da compañía e nace a raíz do éxito dos personaxes protagonistas do seu espectáculo máis popular, “O Gordo e O Calvo”, con máis de 50 funcións por toda a Península dende a súa creación en 2003. Seguindo a liña do anterior, neste divertido espectáculo recupéranse e actualizan algunhas vellas farsas dos paiasos do circo, misturándose con situacións cómicas de creación propia. O humor máis clásico fusiónase coa creatividade e actitude de risco características desta compañía para compoñer unha obra cómica en torno ao mundo dos/as médicos/as. A proposta forma parte do ciclo Tempo para o Teatro que promove a Deputación provincial da Coruña.

6 de novembro de 2014 | 20:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.