O goberno ferrolán aproba a adaptación das quendas e horarios do persoal en bibliotecas e centros culturais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O concelleiro de Recursos Humanos do Concello de Ferrol, Alejandro Langtry Caínzos, avanzou os diferentes acordos alcanzados entre o Goberno Municipal e os representantes dos traballadores no marco da mesa de negociación celebrada hoxe. Entre os asuntos incluídos na orde do día se atopaban cuestións como o calendario laboral para o vindeiro ano 2015 ou a adaptación das quendas e horarios do persoal en bibliotecas e centros culturais.

Neste sentido, o edil ferrolán destacou o gran avance na organización da Área de Persoal coa aprobación destas quendas “que eran as únicas que estaban sen decretar e que contan co apoio de case o 100% dos traballadores dos centros”. “Isto permite orde, transparencia e igualdade entre todos os traballadores municipais”, engadiu.

Así as cousas, a mesa de negociación tamén abordou as bases da promoción interna para unha praza de sarxento do Corpo de Bombeiros. Ao fío disto, o edil ferrolán explicou que sobre este asunto se seguirá avanzando en vindeiros encontros negociadores.

 

19 de novembro de 2014 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.