O goberno de Ferrol aumenta ata os 40.000 euros a axuda nominativa a Aspaneps

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A concelleira de Benestar Social do Concello de Ferrol, Rosa Martínez Beceiro, informou hoxe a ASPANEPS da decisión de incrementar a partida económica para o vindeiro ano con esta entidade que se dedica a promover a autonomía e integración de menores con dificultades psicosociais e persoas con discapacidade intelectual así como das súas familias.

Así as cousas, a Área de Benestar Social asinará con ASPANEPS un convenio nominativo para o exercicio 2015 por un montante total de 40.000 euros, o que supón duplicar a cantidade que percibiu esta entidade nesta anualidade e un aumento de 15.000 euros con respecto á previsión recollida no anteproxecto de novo presuposto de Benestar que tiña reservados 25.000 euros para a devandita asociación. Este aumento foi confirmado hoxe na comisión informativa de Economía, Facenda e Patrimonio, en que se tiveron en conta algunhas das achegas ao orzamento presentadas polo grupo socialista, o único que participou no debate con medidas concretas.

18 de novembro de 2014 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.