publicidade hoxe

O goberno de Cambre propón crear unha senda segura en Cecebre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O goberno local propón ao pleno municipal de hoxe a aprobación das obras do Plan de Cooperación de Obras e Servicios (POS) de competencia municipal do ano 2015. En concreto, se presenta como plan principal, a obra denominada “SEGURIDAD VIARIA EN LA AC214 Y RENOVACIÓN DE LA RED DE ABASTECIMIENTO ENTRE FRAIZ Y A MOTA (AC214)”, e como plan complementario proponse a obra denominada “RENOVACIÓN DE ACERAS EN LA CALLE TEMPLE, CAMBRE”.

Polo que se refire á obra denominada “SEGURIDAD VIARIA EN LA AC214 Y RENOVACIÓN DE LA RED DE ABASTECIMIENTO ENTRE FRAIZ Y A MOTA (AC214)”, cun Presuposto 349.787,47 €, pretende reemplazar a tubaxe existente de fibrocemeno por unha nova tubaxe de fundición de diámetro 150 mm, que debido a súa antigüidade, pode provocar avarías e fugas de auga, e se producen roturas frecuentes. Ademáis se faría unha nova rede de saneamento de augas pluviais, as cales no momento actual discorren por gavia aberta, con tubaxe de PVC. Sobre estas redes se faría unha de peóns transitable de formigón o mesmo nivel que a rasante da estrada, o que melloraría a seguridade viaria da estrada de titularidade autonómica AC214.

Por outra banda, como plan complementario proponse a obra denominada “RENOVACIÓN DE ACERAS EN LA CALLE TEMPLE, CAMBRE”, cun presuposto de Execución Material de 79.083,57 euros, o que supón un Presuposto de Execución por Contrata de 113.872,42 € euros. Consiste en la demolición das beirarrúas existentes na zona e a execución dunhas novas, renovando nalguns puntos, redes de pluviais e conexions das baixantes dos edificios á rede. O goberno destaca, ademáis, que a marquesina do paraguas se ubicará nunca zona máis segura para os peóns. Neste sentido, tamén se mellorará a seguridade na entrada da praza da ría.

Segundo o edil de Obras, Manuel Marante. “Estas obras son moi importantes para estas parroquias. As obras son prioritarias no que se refire a substitución desta canalización na Mota e a súa seguridade vial, xa que agora terán unha senda pola que camiñar máis seguros”, apuntou o edil de Obras.

27 de novembro de 2014 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.