O Goberno central adxudica as obras de mellora da Estación Depuradora de A Silvouta por 3,8 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O Consello de Administración da sociedade estatal Aguas de las Cuencas de España (Acuaes), do Ministerio de Agricultura, aprobou este xoves a adxudicación, por 3,8 millóns de euros, das obras de mellora da Estación Depuradora de Augas Residuais (Edar) de A Silvouta, en Santiago de Compostela.

Esta intervención, adxudicada á UTE ‘Aquambiente, Servicios para el Sector del Agua-Rio Valle, Construción y Obra Pública,’ será cofinanciada 80 por cento polo ministerio, a través de fondos Feder; nun 10 por cento pola Xunta e no restante 10 por cento polo Concello de Santiago.

Os traballos terán un prazo de execución oito meses -máis dous de proba- e consistirán na implantación dun proceso de tratamento para os caudais que na actualidade se alivian por falta de capacidade da Edar.

Segundo informou o ministerio, para a execución desta obra seleccionáronse tecnoloxías novidosas que permitirán a construción no “escaso espazo dispoñible” nos terreos da Edar actual.

27 de novembro de 2014 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.