O festival ‘981Heritage’ chega á Coruña co directo do dúo Peaking Lights
O festival ‘981Heritage SON Estrella Galicia’ segue a súa ruta tras as súas datas de Londres, Madrid e Barcelona e chegará este sábado 8 de novembro á sala Garufa da Coruña para presentar ‘Cosmic Logic’, o novo de Peaking Lights.
Peaking Lights son un dúo de marido-esposa que empezou a súa andaina en 2008, tras coincidir ambos na banda Rahdunes. El, Aaron Coyes, construtor de sintetizadores; ela, Indra Dunis, batería e cantante, que militara en Dinasty e en Numbers.
A partir de aí, e cun son que procesaba caixas de ritmos, órgano Hammond, guitarra e un baixo de grooves anchos, crearon mantras de mentalidade ‘o-fi’, co ‘dub’, o ‘krautock’ e o pop psicodélico “facéndose ovillos e nubes de fume, reptando ou, ás veces, alborotándose un pouco, pero nunca en exceso, sen disgregarse demasiado nin deixar de soar como unha paisaxe de xelatina”, segundo destaca a organización.
Coa base de operacións en Wisconsin, deron o seu primeiro paso co autoeditado ‘Clearvoiant’ (2008), ao que seguiron, xa con discográfica detrás, ‘Imaginary Falcons’ (2009) e ‘936’ (2011).
Unha tripleta na que o amateurismo voluntario era un trazo distintivo, aínda que o último dos tres portaba maior meditación. “Confirmouse esa sensación”, segundo os organizadores, ao publicarse ‘Lucifer’ (2012), que a finais dese ano deu lugar a ‘Lucifer In Dub’ e cuxos oito cortes están máis producidos, xa con ollo profesional, e achéganse ao ‘dub’ dixital de mediados dos 80, e non tanto ás variacións do catálogo de King Tubby que despacharan ata entón.
Co inminente C’osmic Logic’, que se publicou a principios de outubro, preséntanse listos para entrar na lista de descubrimentos a reter de calquera fan de Massive Attack, Boards Of Canada ou The Orb.











