publicidade hoxe

O espectáculo de circo contemporáneo “Encontros” chega a Neda da man de “Lusco e Fusco”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioNeda
A-
A+

A Casa da Cultura de Neda acollerá este venres, 21 de novembro, “Encontros”, espectáculo da compañía “Lusco e Fusco”. A función dará comezo ás 20 horas con entradas a 2 euros. Este espectáculo resultou gañador de “Valladolid Propone” (TAC Valladolid 2011). A compañía nace da unión de dous dos artistas máis carismáticos do panorama do novo circo e teatro físico galego: Alfredo Pérez Muíño: Circanelo, e Pablo Reboleiro Rama: Trasno.

Ambos os dous posúen unha formación moi similar en circo, teatro físico e danza. “Encontros” é un espectáculo de circo contemporáneo que pretende desenvolver no espectador unha nova sensibilidade. Xogando co corpo como principal instru-mento comunicador estes dous paiasos buscan unha nova identidade cómica, un código propio baseado na sutileza e limpeza escénica. Conseguen así que cada es-pectador teña unha vivencia única, unha mestura do que están vendo e do que ca-da un leva dentro.

19 de novembro de 2014 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.