O equipo alevín feminino do EDC Verín Atletismo gaña o XVIII Cross Guillelme Brown

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVerín
A-
A+

O conxunto alevín feminino do EDC Verín acadou a victoria na competición por equipos da tradicional Cross Guillelme Brown de Ourense.

O EDC Verín Atletismo métese de cheo na preparación da tempada invernal de Crosses ou carreiras de campo a través. Por este motivo, na xornada de onte, atletas verinenses participaron no Cross Guillelme Brown, onde o equipo alevín feminino se impuxo a formacións que a priori era favoritas como o Club Ourense Atletismo, Ben-Cho-Shey ou o propio Guillelme Brown.

O equipo alevín está conformado por Gisela Dapía, Naiara Parada, Sofía Rodríguez, Nuria Mariño, Erea López e Daenerys Carreño, que conseguiron avantaxar as segundas por unha diferenza de 11 puntos.

Nas clasificacións individuais, os atletas verinenses obtiveron os seguintes resultados:

* Miriam Cerdeiriña (1ª Infantil) > 06′ 32” [1.640 m]
* Antía Castro (2ª Infantil) > 06′ 34”
* Adriana García (4ª Infantil) > 06′ 41”
* Andrés García (12º Infantil) > 11′ 01” [2.460 m]
* Gisela Dapía (1ª Alevín) > 03′ 36” [820 m]
* Naiara Parada (2ª Alevín) > 03′ 38”
* Sofía Rodríguez (9ª Alevín) > 03′ 58”
* Nuria Mariño (10ª Alevín) > 03′ 58”
* Erea López (26ª Alevín) > 04′ 25”
* Daenerys Carreño (30ª Alevín) > 04′ 28”
* Xoel Gago (2º Alevín) > 06′ 26” [1.640 m]
* Gabriel González (4º Alevín) > 06′ 35”
* Denis Limia (14º Alevín) > 07′ 34”
* Kiara Salgado (2ª Benxamín) > 04′ 02” [820 m]
* Raúl Vega (7º Benxamín) > 03′ 59” [820 m]
* Tristán Alonso (21º Benxamín) > 04′ 40”
* Antonio Limia (29º Benxamín) > 05′ 01”

O próximo fin de semana, atletas do Club participarán no Cross federado “Belarmino Alonso” de Vigo con vistas aos próximos obxectivos: o cross escolar comarcal e o Campionato Provincial Federado de Cross.

24 de novembro de 2014 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.