publicidade hoxe

O Consorcio As Mariñas anima á participación na III Andaina contra a Violencia de Xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+

O Consorcio As Mariñas fai un chamamento aos veciños dos 9 concellos da comarca para que por terceiro ano consecutivo a Andaina pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero volva a reunir a centos de persoas. Será este sábado, 22 de novembro, polo núcleo urbano de Betanzos.

Punto de partida: Praza Irmáns García Naveira

Hora de partida: 10:00 h

Hora de chegada: 11:30 h (aproximadamente)

Descrición do percorrido: ruta circular que transcorrerá pola vila de Betanzos. Sairá da Praza Irmáns García Naveira, no centro da localidade, e irá polo casco histórico, pola rúa Travesas ata a Igrexa de Santa María e dende alí ata a ponte vella que atravesa o Mandeo, onde se vai paralelo ao río, por enfrente ao paseo do Malecón, ata a ponte de madeira, onde se cruza de novo ata o dito paseo, continuando ata a ponte nova que cruza o río Mendo. Continúa polo Paseo Galera ata a zona do Carregal. Pola rúa Alcalde Ramón Sánchez chegarase ata o Parque do Pasatempo, volvendo polos xardíns ou pola pasarela, ata unha nova ponte de madeira, que cruza de novo o río Mendo e xa nos leva ata a Avda. Jesús García Naveira, onde se continúa ata chegar de novo á Praza Irmáns García Naveira.

Se a meteoroloxía o permite, a clausura levarase a cabo no exterior da praza. En caso contrario, terá lugar no Liceo. Con este acto pretendese mobilizar, a través dunha actividade física e saudable, a toda a poboación da comarca das Mariñas e arredores a manifestar o seu rexeitamento á violencia contra as mulleres e a demanda da igualdade entre xéneros nun ano especialmente tráxico no número de mortes por violencia de xénero.

Agárdase seguir incrementando a participación da poboación que houbo nas anteriores edicións nas localidades de Arteixo e do entorno da Ría do Burgo, Culleredo, Cambre e Oleiros, con este obxectivo, varios concellos están a organizar servizos de autobuses que faciliten a participación

20 de novembro de 2014 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.