O Consello Regulador de Mexilón de Galicia recibe 32.000 euros da Deputación para melloras na súa sede de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Deputación de Pontevedra aprobou unha axuda de 32.000 euros para melloras e acondicionamento da sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexilón de Galicia na avenida da Mariña en Vilagarcía de Arousa.

O mexilón de Galicia convirteuse no primeiro produto do mar en Europa en obter o distintivo de calidade Denominación de Orixe Protexida. No ano 2007, a DO quedou inscrita no rexistro da UE e, ao ano seguinte, aprobouse o regulamento do seu Consello Regulador que, ano a ano, foi definindo as súas funcións e perfeccionando os seus sistemas de calidade.

A maioría das bateas de Galicia, máis de 3.000, están inscritas no rexistro así como unha ampla representación das empresas que comercializan o Mexilón de Galicia, tanto fresco como transformado.

24 de novembro de 2014 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.