O Concello renova a colaboración co Racing Club Ferrol achegando 50.000 euros
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, asinou esta mañá co presidente do Racing Club Ferrol, Isidro Silveira Cameselle un novo convenio de colaboración para a entidade deportiva. Jose Manuel Rey destacou a importancia do club para a cidade co fomento da práctica de deporte entre os máis pequenos.
O primeiro edil da cidade resaltou o esforzo e sacrificio do plantel “ao que debemos apoiar para que os seus soños sexan realidade”, ao tempo que manifestou a súa confianza en que terá unha boa tempada. Neste senso, salientou que o ascenso a 2º división B permite que Ferrol “se sitúe entre importantes cidades de toda España”. O Concello achega 50.000 euros a este acordo co Racing Club, que o presidente Isidro Silveira agradeceu “porque sen vos non sería posible seguir adiante”.
Ademais, o rexedor municipal tamén lembrou o partido de fútbol que disputarán o vindeiro mércores, día 12, as seleccións nacionais sub-21 de España e Bélxica nas instalacións de A Malata.











