O Concello de Vilagarcía contratará con 5 titulados universitarios e de fp a través do plan de práctica laboral
Cinco titulados universitarios poderán mellorar as súas condicións de empregabilidade, complementar a súa formación e experiencia laboral e ampliar o seu currículo mediante as contratacións que realizará o Concello de Vilagarcía ao abeiro do Plan de Prácticas da Deputación. Económicas ou Empresariais/ Traballo Social, Maxisterio, TAFAD e Informático son as titulacións que require o Concello.
As contratacións realizaranse por período de 6 meses, prorrogables outros 6, na modalidade de bolseiros. A proposta elaborada pola Concellería de Traballo e Benestar no marco das súas políticas de creación de emprego foi aprobada pola Xunta Local de Goberno e xa se remitiu á Deputación. O licenciado en Empresariais ou Económicas desempeñará as labores que se sexan encomendadas no departamento de Información, o Diplomado en Traballo Social reforzará á Área de Servizos Sociais, o Grado de Maxisterio asignarase á Concellería de Educación e o licenciado en TAFAD, á de Deportes. Por último, a bolsa a cubrir por Ciclo Superior en Informática destinarase a traballos no departamento de Emprego.
A Deputación asume o financiamento do Plan, a distribución e asignación das bolsas entre os concellos solicitantes, a selección dos bolseiros, a adxudicación das bolsas, o pagamento da axuda ou subvención correspondente ós bolseiros, e así mesmo, a cotización á Seguridade Social.
O Concello, pola súa banda, facilitará a realización da práctica laboral no seu centro de traballo e desenvolver un proxecto ou programa formativo que lles permita ós bolseiros exerceren competencias e colaborar no desenvolvemento de actividades profesionais que poidan facilitar a súa empregabilidade.











