O Concello de Vilagarcía acondicionará o acceso ao camposanto de Faxilde e o camiño entre Guillán e A Torre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello de Vilagarcía prosegue co plano de mellora da rede viaria municipal, neste caso cunha actuación en parroquias do rural. Cun orzamento de 71.000 euros acometerase o acondicionamento do acceso ao camposanto de Faxilde dende a rotonda de Renza e tamén o camiño que une os barrio de A Torre e Guillán.

As actuacións levarase a cabo a través do Plan Marco de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal 2014/15 financiado con fondos europeos do programa FEADER. O Concello conta cunha subvención de 64.407 euros aos que deberá engadir 6.400 de fondos municipais para completar o investimento.

Nestes momentos estanse a redactar os proxectos para concretar as actuacións. A do acceso ao camposanto de Faxilde suporá mellorar o trazado do camiño que parte da rotonda de Renza cara o campo de fútbol da Pelada e leva ao camposanto. Tamén se acondicionará a vía que bordea o cemiterio. Os traballos entre A Torre e Guillán afectarán ao camiño que discorre en paralelo á finca da Golpelleira.

A previsión é que ámbalas dúas actuacións estean rematadas antes de xullo de 2015.

17 de novembro de 2014 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.