O Concello de Vigo destinará 450.000 euros á creación de 195 empregos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Europa Press

O Concello de Vigo aprobou este venres unha nova adxudicación de axudas municipais para a creación de emprego, polo que se destinarán uns 450.000 euros á xeración de 195 postos de traballo na cidade, co que a inversión a plans para fomentar a contratación ascende a un total de 5,4 millóns.

Así o comunicou nunha rolda de prensa o alcalde da cidade, Abel Caballero, que explicou que dedicarán unha partida de 300.000 euros a xerar 60 empregos na factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën.

Ademais, inverterán 150.000 euros en subvencións á creación de empresas, polo que outorgarán 70 axudas a 86 emprendedores que, á súa vez, crearán 135 empregos. Desta forma, 49 serán contratados a través do programa e o resto a través das empresas.

O mandatario vigués destacou que, con estas axudas, se está ofrecendo “apoio á creación de emprego” en “todos os sectores da economía de Vigo”, que precisamente é “o grande obxectivo do Gobierno da cidade.

Segundo indicou, en total o concello está a realizar unha inversión de 5,4 millóns de euros en axudas a plans para fomentar a contratación na cidade, co que se están a crear máis de 900 postos de traballo, ademais dos “2.000 empregos” xerados a través das obras keynesianas.

21 de novembro de 2014 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.