publicidade hoxe

O Concello de Vedra mostra a súa indignación ante os novos cortes de enerxía eléctrica do 4 de novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

Na xornada de onte 4 de novembro, as condicións climatolóxicas foron as habituais nun día do inverno galego, choiva e frío terían que ser os protagonistas como tantas outras veces,… pero esta vez o protagonismo levárono as máis de sete horas sen luz que algunhas das parroquias vedresas tiveron que padecer ou a ducia de cortes na luz que sufriron outras.

Unha realidade que non se pode entender nin xustificar nun termo municipal como Vedra limítrofe con Santiago de Compostela, a capital de Galicia. E aínda menos cando por todos son coñecidas as continúas campañas publicitarias destes xigantes (as grandes compañías eléctricas) que nos presentan mil e unha bondades, declaran ano a ano cuantiosos beneficios,… onde nos trasladan continúas súbidas de prezos (incluso de mes a mes), nos falan dun déficit tarifario que por moito que nos expliquen non acabamos de entender, etc,… e nada desto ao final se traduce na creación, mantemento e/ou reforzo de liñas, persoal, brigadas,… que eviten estes cortes ou cando menos que afecten o menos tempo posible e ao menor núcleo de poboación posible.

Dadas as elevadas facturas que ditas compañías plantexan aos particulares e empresas cando queren dar de alta un servizo, facer unha obra, cambiar un poste, etc,… da a sensación de que as mesmas pretender facer esas mesmas obras de mantemento,… a costa da veciñanza.

Con todo este descontento o alcalde dun concello rural de máis de 5.000 habitantes e que está a tiro de pedra da capital galega, e en pleno século XXI quere dar queixa formal desta situación. Para de novo David venza a Goliat e esixir os dereitos e servizos que non nos esquezamos pagamos en cada factura.

6 de novembro de 2014 | 11:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.