O Concello de Ribadumia comeza as obras de mellora da transversal a rúa Mimosas
O Concello de Ribadumia está levando a cabo varias actuacións para mellorar a transversal a rúa mimosas situada na parte alta da Carballeira de Barrantes. O vía estase a dotar de pluviais e de pavimento de asfalto.
Con esta actuación pretendese eliminar os problemas que se xeneran coa choiva o arrastar o xabre desta zona as vías principais e garantir maior seguridade na circulación rodada.
Programa de mellora de camiños de titularidade municipal
Por outra banda, na última xunta de goberno local acordouse solicitar as axudas para melloras de camiños de titularidade municipal establecidas dentro do Plan Marco.
O programa convocado pola Axencia Galega de Desenrolo Rural e financiado polo FEADER, pretende cubrir servizos básicos e infraestruturas para a poboación rural.
Dende a entidade local decidiuse incluír neste proxecto o asfaltado da Gándara en Sisán e Ribadumia , do lugar de Couto de Arriba, camiños novos e de Trastada.











