publicidade hoxe

O Concello de Porto do Son presenta o blog de emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPorto do Son
A-
A+

O concello de Porto do Son pon en marcha unha nova ferramenta que facilitará a todas aquelas personas do concello que están na procura de traballo ou formación. Nos momentos nos que estamos, no que o emprego é unha das principais preocupacións dos nosos veciños, creemos fundamental e prioritario ofrecer dende o concello este servizo, que puxemos en marcha no mes de outubro gracias á colaboración e financiación da consellería de Traballo e Benestar.

Para nós é unha gran satisfacción poder ofrecer ós nosos veciños esa axuda e asesoramento necesario para facilitar o acceso o traballo, e nese sentido temos que felicitar a Jose Pazó, orientador laboral que xestiona o servizo no noso concello polo traballo que está facendo ó fronte deste servizo e polos logros que xa ten conseguido a través de este servizo se pon en marcha esta ferramenta, que a través da nosa páxina web permitirá ós veciños estar puntualmente informados sobre ofertas de emprego, ofertas de formación, ou axudas e subvencións das que poidan beneficiarse.

Dende o servizo seguirase traballando en prol do emprego e da empregabilidade no noso concello e proximamente ofreceremos charlas formativas que trataran temas fundamentais relacionados coa búsqueda de emprego. O blog de emprego foi presentado hoxe polo equipo de Goberno e o orientador laboral do Concello de Porto do Son, Jose Pazó, e á presentación asistiron os alumnos integrantes do obradoiro de emprego Iroite, realizado conxuntamente polo Concello de Porto do Son e o Concello de Lousame.

19 de novembro de 2014 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.