O Concello de Pontevedra instala a nova iluminación pública na praza de Marqués de Valterra
O Concello de Pontevedra iniciou esta semana a última parte do proxecto de mellora da seguranza viaria e mellora da praza de Marqués de Valterra e da avenida de Marín, ao seu paso pola parroquia de Lourizán.
Logo de desmontar o paso elevado da avenida de Marín, así como de construír os pasos de peóns elevados dentro e fora da praza de Marqués de Valterra, xunto ao pintado da sinalización horizontal e da instalación de nova sinalización vertical, o Concello iniciou esta semana a instalación da nova iluminación de todo este ámbito.
Estanse a colocar farois novos (similares aos do centro urbano) con luminarias leds que permiten a reducción da contaminación lumínica, melloran a eficiencia enerxética nos espazos públicos, e reducen o consumo nun 80% do actual.
Os novos farois marcan os percorridos peonís que se variaron dentro da praza e tamén no exterior, polo que contribúen a seguranza viaria de peóns e condutores.
Ademais, o Concello atendeu a petición do Consello parroquial que solicitaba maior iluminación para a área infantil da praza, polo que disporá tamén de farois e luminarias de última tecnoloxía.
O investimento total desta actuación foi de 120.000 euros, dos cales 60.000 están destinados a esta última parte: a instalación no novo alumbrado público.











