O Concello de Pontevedra axuda a Amencer a trasladar aos seus usuarios en transporte adaptado
O concello de Pontevedra cofinancia a compra por parte da Asociación Amencer dun coche adaptado para o transporte de persoas con parálise cerebral. A aportación municipal de 13.000 euros foi a solicitada pola entidade para completar un investimento que tamén é financiado por outras institucións
A capacidade do vehículo é para seis persoas con cadeira de rodas, a máxima que se pode acadar para estes casos.
Os transportes que realizarán con este novo coche virá a suplir a eliminación do 065 por parte da Xunta, por iso o Concello considera fundamental o apoio ás asociacións como Amencer para evitar no posible que as persoas non deixen de asistir aos centros por falta de transporte, xa que as prestacións por dependencia están minguando ano a ano, e moitas familias xa non soportarían máis gastos.
Amencer é tamén beneficiaria dun convenio anual de 6.000 euros e a cesión das instalacións do centro de Pontemuiños, a vella escola de primaria, de propiedade municipal. Próximamente asinaránse novos acordos con Amencer e outras asociacións que se adican ás persoas con discapacidade para a utilización do futuro Centro Sur.











