publicidade hoxe

O Concello de Ponte Caldelas solicita a devolución de 3.500 euros correspondentes ao “céntimo sanitario”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, informou que o Concello xa formalizou oficialmente a solicitude de devolución do Imposto sobre as Vendas polo miúdo de Determinados Hidrocarburos (o denominado “céntimo sanitario”), ante a Axencia Tributaria.

Este tributo gravaba os hidrocarburos e foi creado polo Goberno no ano 2001 co obxectivo de financiar as competencias en materia de Sanidade das Comunidades Autónomas.

En febreiro de 2014, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea considerou ese tributo ilegal e obrigou a devolver as cantidades recadadas por ese concepto.

Ademais dos transportistas, os concellos tamén resultan prexudicados e teñen dereito á devolución dese tributo pago nas diferentes facturas de carburante que foron abonadas tanto para gasóleo de calefacción como para vehículos.

A Axencia Tributaria arbitrou vía telemática o procedemento para solicitar a devolución, que o Concello de Ponte Caldelas acaba de realizar solicitando a devolución deste gravame correspondente aos anos 2010, 2011 e 2012 (a partir desta data deixou de aplicarse). Os anos anteriores estaba prescritos. En total calcúlase que a Axencia Tributaria terá que devolver ao Concello algo máis de 3.500 euros.

4 de novembro de 2014 | 14:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.