O Concello de Poio recibe a doazón dun cadro para sortear no Festival de Nadal con fins sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+
Cadro doado ao Concello de Poio

Cadro doado ao Concello de Poio

Un ano máis, regresa a xenerosidade do veciño Faustino Ucha que dona un cadro en óleo para que o centro social  de Poio o sortee o día do Festival de Nadal, que este ano vaise celebrar o día 21 de decembro, domingo. Sempre  o artista decidiu reflexar escenas do noso concello, e nesta ocasión o pintor plasma  a fermosísima entrada da ria.

O cadro  dende  o xoves 27 de novembro  vai estar exposto no propio Concello  para baixar o día 15 de decembro ó centro social. As papeletas véndense a 1 Euro e os cartos recadados destinaranse a un fin social.

A concelleira da área, Lidia Salgueiro Piñeiro  agradeceu un ano máis este xesto xeneroso deste  comprometido veciño.

20 de novembro de 2014 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.