O Concello de Ourense conmemorará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cun acto institucional no Salón de Plenos
Baixo o lema “Amores que non matan”, o Concello de Ourense súmase un ano máis á conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, mañá 25 de novembro. Desde as 12 horas, celebrarase no Salón de Plenos un acto institucional, con membros da corporación municipal.
Xa desde o xoves pasado, día 20, veñen organizándose conferencias e tertulias para pór de relevancia a problemática da violencia de xénero e a necesidade de rematar con esta lacra social. A estes actos súmase este xoves o Festival de Música Voces Femininas, que contará este ano cos concertos da artista norteamericana Tune-Yards e a islandesa Olöf Arnalds, nunha edición que rendirá homenaxe á artista norteamericana Aretha Franklin.
Por último, un obradoiro de defensa persoal nos meses de decembro e xaneiro “Toma ti o control” aportará ás participantes conseguir o equilibrio mental e o control das situacións a través do método funcional E.M.F. de preparación mental, emocional e física.
Os actos programados están organizados pola Concellería de Igualdade coa colaboración do Consello Municipal de Igualdade, a Comisión de Investigación e Seguemento da Violencia de Xénero, a Asociación Xarela, a Deputación, o Teatro Principal e a rede de Centros Cívicos Municipais











