O Concello de Ourense aproba a ordenación das ofertas presentadas para a prestación do servizo de axuda no fogar
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza desta mañá a ordenación decrecente das ofertas presentadas para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de axuda no fogar do Concello de Ourense.
Unha vez rematado o prazo de presentación de ofertas, concurriron ao concurso 4 empresas, cuxas ofertas foron valoradas de acordo cos requisitos fixados no prego de condicións: Proposición económica (á que se outorgaban 95 puntos) e técnica (5 puntos), resultando a mellor oferta a de Limpiezas, ajardinamientos y servicios Seralia S.A, que presentou a mellor oferta económica (95 puntos) e técnica (4 puntos).
Á vista desta acordo, a Xunta de Goberno Local require a Limpiezas, ajardinamientos y servicios Seralia SA para que no prazo de 10 días dende a recepción do acordo, presente a documentación precisa para proceder á formalización do contrato.
A axuda no fogar é un servizo que ten como finalidade prestar un conxunto de atención ás persoas ou familias no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no su contorno habitual, especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía ou outras situacións de risco social.
Os obxectivos básicos son mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, posibilitar a permanencia no seu contorno de convivencia habitual, favorecer e potenciar a autonomía persoal, potenciar as redes de relación familiar e social, previr situacións de dependencia ou exclusión social e retardar ou evitar a institucionalización.
O servizo presta aos maiores atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria: erguerse ou deitarse, coidado e hixiene persoal, control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para a administración de alimentos, supervisión das rutinas de administración de medicamentos prescritos por facultativos, apoio á mobilización dentro e fóra do fogar, entre outros.
Tamén inclúe atencións de acompañamento persoal na realización doutras actividades da vida diaria, das necesidades de carácter doméstico ou da vivenda, e atencións de carácter psicosocial e educativo enfocadas ao desenrolo das capacidades persoais básicas, a mellora da convivencia, integración na comunidade e mellora da estrutura familiar.











