publicidade hoxe

O Concello de Oleiros traballa nunha nova guía de empresas para dinamizar o comercio local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello está preparando a edición dunha nova guía de empresas como medida de dinamización do comercio local. Esta completa publicación, que será gratuíta, vaise repartir entre os veciños e veciñas do municipio. O obxectivo do goberno local é desenvolver un documento ordenado e clasificado que inclúa toda clase de servizos, oficios e actividades económicas. Calquera empresa, negocio ou profesional que desexe aparecer nela pode poñerse en contacto co Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo dos Regos para dar os seus datos. Deste xeito, poderá ofertar os seus servizos dunha forma directa e eficaz.

27 de novembro de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.